
O vindeiro venres 18 de outubro de 2024 o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) ten previsto visitar, no lugar de AS AGUIAS-MURAS, a exposición “A MALLA DE PASCUAL. 1957”, de Antón Beiras, comisariada por Miguel Piñeiro e Carme Varela.
A chegada á As Aguias-Muras está prevista para as 12:00. A continuación faremos un percurso pola exposición, a casa do mesón, a aira, o rairo da auga cos píos e o lavadoiro, acompañados por Carme Varela.
Nesta ocasión, non hai prazo de inscripción. Todas as persoas que desexen participar na visita acudirán polos seus medios ao punto de inicio, lugar de ÁS AGUIAS-MURAS, ás 12:00 horas. (Hora prevista do remate da visita: 14:00)
Exposición en As Aguias: “A malla de Pascual.1957”
(en https://muras.gal/exposicion-en-as-aguias-a-malla-de-pascual/”)
“A malla na eira da casa dos de Pascual nun día de verán quedou para sempre fixada nestas 35 fotografías que permaneceron 67 anos inéditas e que foron feitas polo oftalmólogo e investigador Antón Beiras en 1957 na aldea das Aguias, Muras. Agora recuperadas para ser expostas na vella Caseta de Correos do Mesón da estrada que comunicaba Lugo con Viveiro.
A historia que hai detrás
Beiras, tras licenciarse en Medicina en 1941, publi ca os seus primeiros traballos nas coleccións científicas do CSIC, pouco despois coñece á pedagoda de orixe murense Antía Cal coa que casa en 1947. Exerceu como oftalmólogo en Vigo onde forma parte parte do grupo que funda a editorial Galaxia. Investigador infatigable viaxou por Europa en busca dunha solución aos problemas de estrabismo dunha das fillas, especialízase e, tras inventar o “Vigoscopio” para correxir o estrabismo sen cirurxía, será considerado un dos precursores da ortoóptica. Desgrazadamente falece prematuramente, con apenas 53 anos, en abril de 1968.
O LABC Legado Activo Beiras Cal estrea actividades con esta exposición comisariada por Miguel Piñeiro e Carme Varela. Unhas imaxes que recollen as mudanzas do noso campo, Antón Beiras sabíao e retratou un instante deses cambios, cando as primeiras concentracións parcelarias abren paso a unha agricultura industrializada. A emigración da xente moza cara ás cidades colabora na aceleración deste proceso.
Son imaxes fermosísimas pero ademais cun enorme valor etnográfico, antropolóxico, social e histórico.”