X RUTA CULTURAL. ANDANDO AS TERRAS DE RIBADAVIA. CO ACOMPAÑAMENTO DE FELIPE SENÉN. DOMINGO 29 DE XUÑO DE 2025. SAÍDA DE VILALBA: 9:00 H. INSCRICIÓNS ATA 25 DE XUÑO.

O IESCHA organiza a X Ruta Cultural polas terras de RIBADAVIA, prevista para o domingo 29 de xuño de 2025. Guiad@s polo historiador da cultura galega, Felipe-Senén, coñeceremos a cidade e arredores de Ribadavia, capital dos cinco ribeiros. 

PROGRAMA

A saída de Vilalba, dende a Casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas.  

A continuación, viaxe Vilalba – Ribadavia

Chegados a Ribadavia, visitaremos pola mañá:

Casco Vello, Praza Maior, Antiga Xudería, Castelo dos Condes de Sarmiento, Convento…

Sobre ás 14:30, terá lugar o xantar no 

 Restaurante Evencio, Rúa Carballiño, 50  Ribadavia. Telf. 988 471045

                                   
 O menú será a base de:

ENTRANTES AO CENTRO DA MESA: ENSALADILLA RUSA – EMPANADA

SEGUNDO (a escoller):  REDONDO DE TERNEIRA CON PATACAS E ENSALADA ou BACALLAU Á GALEGA

SOBREMESA: TARTA XEADA

BEBIDAS: Viño de mesa, caña, refrescos, auga, café (non entran outras bebidas).

Despois de xantar e dun pequeno repouso, visitaremos o Museo do Viño de Galicia, en Santo André de Camporredondo, e o Mosteiro bieito de San Clodio de Leiro.

Rematada a visita, regresaremos a Vilalba. 

A cuota que haberá que pagar será de 30€ por adulto. No prezo vai incluída a comida e o autobús.

Os/as interesados/as poderán apuntarse ata o mércores 25 de xuño, como data tope improrrogable, ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva, facendo constar, de ser o caso, calquera circunstancia que se considere oportuno sinalar.

(Algúns teléfonos: 686-451501/651-361628).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad