O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza o evento “XA CHEGOU A APALPADORA!, un espectáculo infantil para gozar en familia, a cargo do grupo VELAÍSCA.
O acto terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba, o venres 27 de decembro de 2024, ás 17:00 horas.
¡Xa chegou a Apalpadora!
Dende as montañas máis profundas da nosa terra chega a Apalpadora! Antía, filla do lexendario Apalpador, colle o testigo do seu pai e baixa xunto co seu músico André para apalpar bandullos. Cantamos e contamos como é a vida na alta montaña e as marabillosas lendas agochadas nos recunchos máis abraiantes da nosa cultura.
Un espectáculo infantil para gozar en familia no que se transmiten valores como o respeto polo monte e o coidado do rural. Adaptable a todo tipo de espazos e con agasallos para a cativada!
ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO