XIII EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS. FOTOS PARA O RECORDO”. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. Inauguración: Venres 28 de agosto de 2026-20:00. Aberta ata o 20 de outubro. Entrada de balde.

O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha), coa colaboración do Concello de Vilalba, inaugura o venres, día 28 de agosto de 2026, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a mostra fotográfica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, que chega á súa XIII edición.

Esta mostra está integrada por 208 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA, e é posible grazas ás aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e comarca.

As fotos que compoñen a Exposición, repartidas en 26 paneis, son de temática variada (Deportes, Celebracións, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á 1ª metade do pasado século XX, coa incorporación dalgunhas máis recentes.

A décimo terceira edición de Tal como eramos-Vilalba poderá ser contemplada dende o mesmo venres 28 de agosto (inauguración) ata o 20 de outubro de 2026 na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, no horario estipulado de apertura.

Todas estas fotos, xunto coas da exposición de “Tal como eramos” de Guitiriz, incluiranse no apartado correspondente do Caderno de Estudos Chairegos nº 13, que se editará a finais do presente ano 2026

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad