XIII RUTA POR GALICIA. VISITANDO NOIA. DOMINGO 21/09/25. SAÍDA ÁS 9:00 DA CASA DA CULTURA VILALBA. INSCRICIÓNS ATA O MÉRCORES 17/09/25.

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do ano 2025, organiza a XIII Ruta Por Galicia adiante – Andando as Terras de… NOIA.

A saída do autobús hacia o inicio da ruta, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9:00 horas do domingo, 21 de setembro de 2025.

O programa consistirá na visita aos principais espazos da vila de NOIA. Para elo, contaremos co acompañamento de ANA ISABEL FILGUEIRAS, antropóloga e arqueóloga, da Oficina de rehabilitación do Casco Histórico de Noia.

O xantar terá lugar no Restaurante O TRAPEIRO

Lugar de Merelle, 2. 15214 Noia. Telf 981 82 14 20

Menú: Empanada de millo, Croquetas
Pescada á galega
Carne asada (Xarrete)
Sobremesa caseira
Viño, auga, refrescos
Café e chupito

O regreso a Vilalba terá lugar unha vez rematadas as visitas da tarde.

O custo por participante (inclúe comida e autobús), fixouse en 30 € para SOCI@S, e 35 € para NON SOCI@S.

As persoas interesadas en participar na Ruta poderán inscribirse, como máximo ata o mércores 17 de setembro, enviando unha mensaxe á conta de correo do IESCHA, estudoschairegos@gmail.com. Tamén poden facelo chamando aos teléfonos: 686-451501 // 651-361628, ou comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva. (Recoméndase indicar calquera circunstancia que haxa que ter en conta durante a xornada).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad