XXI RUTA CHAIREGA POR TERRAS DE CABREIROS-XERMADE. RUTA DO RÍO TRIMAZ. O DOMINGO 9 DE XUÑO DE 2024. SAÍDA ÁS 9:30. XANTAR NO RESTAURANTE PETRÓLEO-ROUPAR. PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O MÉRCORES 5 DE XUÑO

O IESCHA organiza a XXI Ruta Chairega “RUTA DO RÍO TRIMAZ” por terras de CABREIROS-XERMADE, prevista para o domingo 9 de xuño de 2024.

 PROGRAMA

A saída de Vilalba, dende os arredores da Casa da Cultura, producirase ás 9:30 horas.  A continuación, viaxe Vilalba – Cabreiros para dende O Chao dar comezo a:

“RUTA DO RÍO TRIMAZ

Comezamos o percorrido coa salida do O Chao en Cabreiros, dende a Musealización da antiga Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabreiros donde se atopan os arcos e outros elementos da antiga Igrexa, para seguir ata atopar o Río Trimaz na Ponte da Acea preto da Area Recreativa da Acea e Campo de fútbol. Desplazámonos río arriba pola marxe esquerda, superando o Rego Chancelos ou Portosouto. Bordeando o río entre vexetación autóctona chegamos a Ponte de Isabel II, contruida en tempo da Raiña, hacia o ano 1.863, para salvar o río ó paso da Estrada Rábade –Ferrol. Preto atopamos a ponte sobre a estrada no seu novo trazado e seguindo río arriba a pasamos por debaixo da recén Autovía AG-64 Ferrol – Vilalba, vemos o antigo Muiño da Madeira, rehabilitado, e sobre a Ponte da Madeira cambiamos de lado para seguir subindo polo río ata a Presa do Feal. Presas e pontes humanizan o río acompañadas de árbores de ribeira. Atopamos Ponte do AruxoPortonovo, Ponte e Presa dos Carregás ata chegar a Ponte Baxíndonde nos separamos do Río Trimaz. Diriximonos deixando atrás as frondosas Fragas de Penachaiña donde se observa a actuación na procura de alimentos dos animales salvaxes que viven na entorna, como xabarís ou corzos. Por antigos camiños volvemos preto do Portonovo e ó atopar a estrada Chao – Cabreiros buscamos o cauce do Rego dos Caxigás para seguindo pola marxe dereita veremos o antigo Muiño de Cabreiros, unha ponte de pedra e logo o Muiño do Ferreiro , que ademais do muiño conserva unha antiga Moa. Bordeando a canle do muiño seguimos arriba e desviámonos polo Camiño vello da Carballosa disfrutando da vistosidade das Fragas do San Vitorio ou Carballosa . Chegando á cima iniciamos baixada o longo do monte do espiño para buscar a Fonte da Santa Mariña donde según conta a lenda foi martirizada a Santa brotando tres manantiais donde caiu a súa cabeza ó ser decapitada. Acercámonos cara o punto de partida non sin antes visitar o impresionante Castro que conserva os vestixios da Xermade galaico-romana por proceder a súa construcción da primeira época romana, cando a partir da invasión cambiaron os hábitos tradicionais dos habitantes dos castros en altura para baixar a cotas mais levadeiras e próximos a zonas aptas para o cultivo e o traballo da terra, iniciándose na agricultura e no cuidado de animais domesticados. Atopamos de novo a Autovia AG-64 para chegar ó núcleo do Chao donde iniciamos a ruta pola parroquia despois de percorrer 14,5 km.” (fonte: xermade.org)

Unha vez rematada a Ruta, terá lugar o xantar no Restaurante PETRÓLEO, en Roupar de Arriba, sobre as 15:00 horas. O menú será a base de: Callos-Ensaladilla-Carne Asada-Costela-Postre-Café

Rematada a visita, regresaremos a Vilalba.

A cuota que haberá que pagar será de 30€ por adulto (inclúe autobús e xantar).

Os/as interesados/as poderán apuntarse ata o mércores 5 de xuño, como data tope improrrogable, ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva, facendo constar, de ser o caso, calquera circunstancia que se considere oportuno sinalar.

(Algúns teléfonos: 686-451501/651-361628).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad