O IESCHA ORGANIZA A XXIII RUTA CHAIREGA (E PROXIMIDADES)”RUTA DOS MUÍÑOS DO REGO DAS GÁNDARAS”, POR TERRAS DE VILASANTAR. DOMINGO 4 DE OUTUBRO DE 2026. SAÍDA 9:00 HORAS DOS ARREDORES DA CASA DA CULTURA

O IESCHA organiza a XXIII Ruta Chairega “RUTA DOS MUÍÑOS DO REGO DAS GÁNDARAS” por terras de VILASANTAR, prevista para o domingo 4 de outubro de 2026.

PROGRAMA

A saída de Vilalba, dende os arredores da Casa da Cultura, producirase ás 9:00 horas. A continuación, viaxe Vilalba–Vilasantar para dende A Ponte do Sapo dar comezo ao recorrido da “RUTA DOS MUÍÑOS DO REGO DAS GÁNDARAS”, acompañados nesta ocasión por Xosé Manuel Felpeto e Xesús Bermúdez, sempre con interesantes e atinadas observacións.

DESCRICIÓN.- Esta é unha ruta de dificultade moderada sen grandes dificultades para o sendeirista. Arranca na Ponte do Sapo a beira do rio Cabalar, afluente do Tambre, a unha distancia de 1,5 Km daríamos co rio principal, Tambre, máis cunha pequena central hidráulica para coller uns metros máis adiante o rego das Gandara ata o final da ruta. Dentro do noso recorrido, 6 Km aproximadamente atoparemos a fervenza de Bezonzo así como o complexo etnográfico do mesmo nome de gran beleza natural como patrimonial e cunha conservación perfecta. Ata o final da ruta iremos vendo unha cantidade de muíños con distinto estado de conservación, aproximadamente uns 20, amparados por unha vexetación variada e autóctona de gran beleza.

Distancia da ruta – 12 Km (ida e volta)

Dificultade – fácil

Unha vez rematada a ruta, dirixirémonos a Sobrado dos Monxes onde terá lugar o xantar no Restaurante REAL, sobre as 15:00 horas. MENÚ: CALLOS/ENSALADILLA/CARNE ASADA/POSTRE/CAFÉ

Despois de xantar, haberá tempo para unha visita libre ao Monasterio de Sobrado dos Monxes.

Rematada a visita, regresaremos a Vilalba.

A cuota que haberá que pagar será: SOCI@S 35€ – NON SOCI@S 40€ (inclúe autobús e xantar).

As persoas interesadas poderán apuntarse ata o mércores 30 de setembro, como data tope improrrogable, ben enviando unha mensaxe á conta de correo electrónico do Iescha, estudoschairegos@gmail.com, ben contactando persoalmente ou por teléfono con calquera membro da súa Xunta Directiva, facendo constar, de ser o caso, calquera circunstancia que se considere oportuno sinalar.

(Algúns teléfonos: 686-451501/651-361628).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad