Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “DE ENTRE AS TEBRAS”, DE ALEX PERNAS. ORGANIZADO POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS. VENRES 3 DE MAIO DE 2024, ÁS 20:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

Maio 3 @ 20:00 - 21:30

O venres 3 de maio ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos organiza a presentación do libro De entre as tebras, do coruñés Alex Pernas, un libro de relatos no que, camiñando da man dos seres e lugares da mitoloxía galega, amosa o máis escuro da condición humana nuns textos nos que nada é o que semella. Intervirán o propio autor, Alex Pernas, e Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

O libro está composto de 19 relatos centrados, cada un deles, nun ser, lugar, ou obxecto da mitoloxía galega. Cada un dos relatos está ambientado nun lugar diferente da nosa xeografía, percorrendo dende aldeas illadas nos Ancares ata cidades coma Compostela, dende o mar de Viveiro e Muxía ata as terras de Chantada ou Valdeorras, unindo o mundo urbano co rural e o interior coa costa.

A temática dos textos é tamén variada, neles podemos atopar as vivencias de mulleres de comezos do século XX; noutros podemos ver a vellez dun home durante os anos 60 do mesmo século ou a adolescencia de diferentes xeracións, coma boomersmillenials, ou zetas. Nestes relatos están tratadas tamén diferentes problemáticas sociais coma o acoso escolar, a gordofobia, o estigma das enfermidades mentais ou o machismo.

Estando autoeditado, o libro pódese comprar en papel en formato de tapa branda e Kindle, ademais de estar dispoñible de forma gratuíta en formato EPUB.

-Compra en papel e Kindle: https://bit.ly/DeEntreAsTebrasAlexPernas

-Descarga de balde en EPUB: https://bit.ly/DeEntreAsTebrasAlexPernasEpub

(Parte do texto extraído de https://biblioteca.naron.gal/gl/catalogo/post/presentación-de-de-entre-tebras-de-alex-pernas)

Alex Pernas, nado na Coruña no ano 1986, desenvolve a súa carreira coma enxeñeiro de software. Como autor literario publicou en 2018 a novela de ficción social Xarfas, e en 2022 o libro de relatos A Paga, publicado anteriormente coma folletín no xornal dixital adiante.gal entre os anos 2018 e 2021. Ademais formou parte de varias formacións musicais coma TST, Ad Intra, Os Relámpagos de Nós e Oymyakon (na que se atopa na actualidade). Tamén colaborou con diversas asociacións e xentes do ámbito do acti- vismo, sendo unha das principais accións a súa labor coma parte da xunta directiva da Asociación Gatuchinhos, a cal actúa coma protectora dos gatos rueiros.

Detalles

Data:
Maio 3
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad