Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “UN TAXI VERDE E UN CONCERTO”, DE TUCO CERVIÑO. XOVES 18 DE XANEIRO DE 2024, ÁS 19:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

Xaneiro 18 @ 19:30 - 21:00

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración do Concello de Vilalba e  da Editorial Galaxia, organiza o xoves 18 de xaneiro de 2024, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a  PRESENTACIÓN DO LIBRO “UN TAXI VERDE E UN CONCERTO”, de TUCO CERVIÑO, que estará acompañado por: MARISA BARREIRO, ANTÓN BAAMONDE E ELBA VELEIRO.

UN TAXI VERDE E UN CONCERTO

Por este intenso relato transita a memoria da familia, que se remonta ata o século XIX, con historias de masóns, republicanos, socialistas, galeguistas, conservadores, falanxistas, peronistas; desterros, cadea, exilio, depuracións, tribunais franquistas, emigración, viaxes, revolucións. A Guerra Civil e as súas consecuencias. Profesoras de universidade e mulleres sachando, canteiros e labregos, mestres, médicos e avogados. E tamén o mundo rural de Cotobade, o Instituto e a adolescencia na Pontevedra dos cincuenta, a Compostela dos sesenta, a universidade e as persoas e organizacións do conflito do 68.

“Toda a miña vida está aquí, entre a viaxe co tío Coca, que me levou a Raxó nun taxi verde, e o concerto de Voces Ceibes na Aula Magna de Medicina en abril de 1968. O que vén logo é un simple agromar, enfiado polo traballo e as oportunidades, as aproveitadas e as desbotadas”. 

TUCO CERVIÑO

(Pontevedra, 1945), estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Nefrólogo pola Universidade Autónoma de Madrid, fixo o MIR no Hospital Clínica Puerta de Hierro. Exerceu a especialidade nos hospitais universitarios de Santiago de Compostela e A Coruña. Foi xerente deste último e do Gregorio Marañón de Madrid. É académico correspondente da RAG.

Activo na política dende a universidade, foi militante da JEC (Juventud Estudiante Católica), fundador da ADEG (Asociación Democrática de Estudantes Galegos) e destacado dirixente estudantil. Na transición militou na esquerda nacionalista. Membro do PSdeG-PSOE dende 1993, foi deputado no Parlamento de Galicia durante catro lexislaturas e concelleiro de Oleiros entre 1995 e 2003.

Detalles

Data:
Xaneiro 18
Hora:
19:30 - 21:00

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad