Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

ACTOS DA CULTURA CHAIREGA-HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO SEU XVIII CABODANO: OFRENDA-RECITADO-SOCIO DE HONRA DARÍO X. CABANA-CONCERTO CRIS ROMÁN

08/09/2022 @ 20:00 - 09/09/2022 @ 20:30

Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza os ACTOS DA CULTURA CHAIREGA, en homenaxe MANUEL MARÍA, coincidindo co seu XVIII CABODANO.

PROGRAMA

XOVES 8 DE SETEMBRO – ÁS 20:00 HORAS – NO ESPAZO MANUEL MARÍA

Terá lugar unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así como un recital poético popular, aberto a toda a xente que queira participar con poesías, cancións ou calquera outro texto relacionado co gran poeta chairego.

Entrada libre e gratuíta.

VENRES 9 DE SETEMBRO – ÁS 20:30 HORAS – NO AUDITORIO MUNICIPAL

Terá lugar en primeiro lugar:

O ACTO DE ENTREGA DA PLACA DE SOCIO DE HONRA DO IESCHA A DARÍO XOHÁN CABANA

Darío Xohán Cabana foi nomeado SOCIO DE HONRA DO IESCHA, por aclamación dos asistentes, na Asemblea Xeral do día 25 de marzo de 2022,  resaltándose o seguinte:

Darío Xohán Cabana, escritor chairego, nacido en Roás no ano 1952, foi Académico da RAG, na que ingresou o 22 de abril de 2006. Recibiu máis de medio cento de premios literarios por artigos, contosou poemas, sendo un dos gr andes referentes da cultura galega, brillante dinamizador e impulsor da mesma a través da súa poesía, da súa narrativa e das súas traducións. 

Esta Asemblea do Instituto de Estudos Chairegos noméao SOCIO DE HONRA DO IESCHA: Pola súa grande e meritoria obra poética e narrativa, polo seu profundo coñecemento da nosa lingua, polo seu activismos político e cultural, polo seu compromiso co espallamento de todo o relacionado coa Terra Chá, entre outros moitos méritos.

A continuación levarase a cabo:

O CONCERTO DA CANTANTE GALEGA CRIS ROMÁN

CRIS ROMÁN

“A compositora e cantante Cris Román, comezou a súa andaina musical co grupo de Rock Areavasta. En 2014 decide comezar a súa aventura en solitario e en abril de 2016 siu á luz o disco autoproducido A Cuentagotas.

Profesora da USC, Cris Román, reparte o seu tempo entre a investigación e a docencia e a súa paixón pola música. Unha autora comprometida, con alma de roqueira baixo un antifaz de pop aterciopelado. Acompañada dunha banda de grandes músicos como Alexandre Fontán aos teclados; Fran Alonso ao contrabaixo; Alexis Iglesias na guitarra; e Javier Romo na percusión. Entre as súas cancións pódese atopar un amplo abano de estilos dende blues, swing, country, e música de autor, con cancións en inglés, castelán e galego”.

A entrada para este acto será tamén de balde, pero por motivos organizativos e de loxística, haberá que realizar a correspondente reserva ben na páxina web do Concello, ben na Casa da Cultura, ou ben directamente no Auditorio o mesmo día 9.

Detalles

Comezo:
08/09/2022 @ 20:00
Remate:
09/09/2022 @ 20:30

Recinto

Auditorio Municipal
Rúa das Pedreiras, 5
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad