Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

IVÁN PRADO “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA” CHARLA CON MATERIAL VIDEOGRÁFICO MARTES 12 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

Marzo 12 @ 20:00 - 21:30

O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o martes 12 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, un acto de apoio ao pobo palestino denominado “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA” no que IVÁN PRADO, no marco da exposición “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN” montada pola Biblioteca “Agustín Fernández Paz” do IES Basanta Silva de Vilalba e que aínda permanece aberta na propia Casa da Cultura, impartirá unha charla sobre o tema apoiándose tamén en material videográfico.

Entrada libre ata completar aforo.

Iván Prado (Lugo).- Director de Festiclown, Portavoz de Pallasos en Rebeldía, Clown Internacional, Formador e Director de Clown, “Artivista” Intercontinental e Dinamizador de Procesos. É o director dos festivais Festiclown (Galicia), Festiclown Multisede (Madrid, Asturias e Galicia), Festiclown Palestina, Festiclown Favela (Río de Xaneiro), Festiclown pela Terra (Brasil), Magiclown (Ibiza) e Firaclown. (Barcelona). Ademais, é o portavoz de Pallasos en Rebeldía e cofundador de ‘Artist Against The Wall’ xunto con Leo Bassi e Patch Adams.
Entre outros, organizou e dirixiu o Primeiro Festival de Clown do mundo árabe, o Festiclown de Palestina en 2011 e as súas seguintes edicións en 2014 e 2015, e o I Foro Internacional de Circo Social (Rivas Vaciamadrid 2013).
Iván Prado participou en diversas caravanas de Pallasos en Rebeldía en Chiapas, Sahara, Grecia, Francia, Líbano, Brasil e Palestina, traballando como pallaso con mulleres maltratadas, refuxiadas, adolescentes, poboación indíxena e profesionais da sanidade e da educación.
Realizou e impartiu cursos en varios países e en toda España, o que lle permitiu desenvolver a súa propia metodoloxía.
Recibiu ensinanzas dalgúns dos maiores mestres clown: Carlo Colombaioni, Johnny Melville, Phillipe Gaulier ou Leo Bassi, entre outros.
Actuou como clown en países como México, Venezuela, Brasil, Colombia ou Palestina e exerceu de showman e mestre de cerimonias en diferentes Festivais Internacionais.
Tamén é director de varios espectáculos de clown en Galicia e recentemente dirixiu a obra “Provisoriamente não cantaremos para amar” da compañía Traço Cia. de Teatro e do grupo indíxena Kariri Xocó Sabuka (Brasil), e dirixiu o espectáculo “O Circo da Liberdade”, con máis de 50 pallasos, que ten circulado por diversos lugares de Brasil, entre outros: Alagoas, Río Grande do Sul, Mato Grosso do Sul e Santa Catarina.

PALLASOS EN REBELDÍA.- A ASOCIACIÓN DE COOPERACIÓN CULTURAL E INTERNACIONAL PALLASOS EN REBELDIA é un espazo artístico de solidariedade internacional, transformación política e fraternidade entre persoas que se expresa a través da risa e da arte, na que se dan cita artistas de todo o Estado e doutros países.
Pallasos en Rebeldía nace no ano 2004 co apoio do Festiclown (Festival Internacional de Pallasos de Galicia) e froito do traballo solidario dos membros de Culturactiva SCG, entidade profesional galega líder na xestión cultural comprometida social e politicamente.
Pallasos en Rebeldía traballa no ámbito da cooperación internacional a través das artes escénicas, partindo de que a alegría e a risa poden e deben ser transformadoras.
QUE FACEMOS? O circo e a risa como ferramenta.- Pallasos en Rebeldía é un dos máximos expoñentes actuais do circo social, político e solidario. O seu traballo combina a participación en festivais de gran compromiso político e prestixio a nivel mundial e a organización de grandes eventos internacionais, como festivais, foros e xornadas de encontro e debate, obradoiros ou galas. Para levar a cabo estas actividades, Pallasos en Rebeldía participan artistas de recoñecido prestixio como Patch Adams, Leo Bassi, Pepe Viyuela ou Jango Edwards, entre outros.

Detalles

Data:
Marzo 12
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad