Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS” DE PABLO CES. INTRODUCIÓN E CHARLA-COLOQUIO DE AURORA MARCO, GUIONISTA DO MESMO. XOVES 7 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

Marzo 7 @ 20:00 - 21:30

O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos programados para o primeiro trimestre do ano, organiza o xoves 7 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS”, realizado por PABLO CES, con guión do propio Pablo Ces e de AURORA MARCO, que levou a cabo unha importante traballo de investigación sobre o tema, e que estará presente no acto para facer a introdución ao documental así como participar na charla-coloquio posterior á súa proxección. A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

“As silenciadas”, estreado no ano 2010, é un documental histórico que recupera historias de vida, contextualizadas, de numerosas mulleres que estiveron na clandestinidade ou apoiaron desde o chairo o movemento guerrilleiro, e que pola súa defensa foron duramente represaliadas, ben coa morte, ou ben co cárcere, a tortura, o desterro ou o exilio. A necesidade de poñer en valor e de coñecer o papel destas mulleres durante a posguerra é chave, xa que foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia antifranquista.

O documental, cun amplo traballo de investigación da guionista Aurora Marco, foi galardoado con varios premios dende a súa estrea. “As silenciadas” recibiu o Premio Mestre Mateo 2012 ao mellor Documental, o Premio Memoria i Justicia Universal 2011 no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet, e o Premio Popular Runner Up no Festival internacional en liña Humanity Explored 2013.

Duración 66′  Investigación: Aurora Marco. Guión: Aurora Marco, Pablo Ces Dirección e montaxe: Pablo Ces  Prod. executiva: Aurora Marco, Fran Naviera Dir. de producción: Xosé Luis Ces Op. Cámara: Jose Luis S. Rodriguez, Jose Segura, Chis C. Laiño Dir. Musical: Pilo Sierra. Música: Pilo Sierra, Kilo Reimúndez, Xacobe Lamas Prod. Musical: Kiko Reimúndez, Paz&Records Aux. dirección: Dolores A. Rodríguez Subtítulos: Mariló Arias.

Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

Detalles

Data:
Marzo 7
Hora:
20:00 - 21:30

Recinto

Casa da Cultura
Praza Suso Gayoso, 1
Vilalba, Lugo 27800 Spain
+ Google Map
Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad