DENDE O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA, MOITOS PARABÉNS!!!
A Real Academia Galega elixiu novo académico de número o escritor e investigador Anxo Angueira (Dodro, 1961) no pleno ordinario celebrado esta mañá no pazo municipal de María Pita. O profesor da Universidade de Vigo, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, ocupará a vacante producida polo pasamento do poeta Salvador García Bodaño-Zunzunegui o pasado mes de marzo.