Cargando eventos

« Todos os eventos

O IESCHA ORGANIZA A PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “PRISICILIANO E A GALLAECIA”, DE ASER ÁLVAREZ. VENRES 9 DE OUTUBRO DE 2026, ÁS 20:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE

Outubro 9 @ 20:00 - 21:30
O IESCHA organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “PROSCILIANO E A GALLAECIA”, de ASER ÁLVAREZ, producida por Arraianos Producións, e apoiada pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A proxección, terá lugar o venres 9 de outubro de 2026, ás 20:00 h., na Casa da Cultura de Vilalba.
PROSCILIANO E A GALLAECIA
“O proxecto propón recuperar e divulgar a figura de Prisciliano, un dos personaxes máis relevantes da Gallaecia e do Imperio romano de Occidente, durante séculos considerado herexe. O descubrimento dos tratados de Würzburg en 1885 permitiu coñecer directamente o seu pensamento e cuestionar a visión tradicional transmitida polos autores cristiáns que o presentaban como herexe maniqueo.
O documental pretende ofrecer unha visión rigorosa e obxectiva, baseada no traballo de especialistas, nas fontes históricas e na visita ás cidades relacionadas coa vida e a morte de Prisciliano. Ademais da súa biografía, abordará temas como os conflitos relixiosos, o papel das mulleres, o poder dos emperadores e bispos, os concilios, o dereito romano, as herexías e a evolución política e cultural da época.
Un dos eixos principais será tamén o misterio do lugar onde foron enterrados os restos de Prisciliano, analizando os diferentes xacementos arqueolóxicos que se teñen proposto como posible sepultura.
O proxecto reivindica especialmente a relación de Prisciliano coa Gallaecia, un territorio que no século IV experimentaba un importante desenvolvemento económico e cultural. Tras a súa execución no ano 385, o priscilianismo estendeuse pola provincia e o regreso do seu corpo contribuíu á súa consideración como mártir.
En definitiva, o documental busca achegar ao gran público unha figura histórica fundamental e pouco coñecida, empregando a súa historia para explicar a complexa realidade política, relixiosa e social da Antigüidade tardía e poñendo en valor o papel da Gallaecia nese contexto.” (Resumido de arraianos.com)

Detalles

  • Data: Outubro 9
  • Hora:
    20:00 - 21:30

Recinto

  • Casa da Cultura
  • Praza Suso Gayoso, 1
    Vilalba, Lugo 27800 Spain
    + Google Map