PRESENTACIÓN DO LIBRO “VOSTEDE DEBERÍA SABER. A HISTORIA SECUESTRADA DA MONARQUÍA. 90 ANOS CON FRANCO”, de MANUEL MONGE. VENRES 27 DE NOVEMBRO DE 2026- 20:00 H. NA CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE
Novembro 27 @ 20:00 - 21:30

O Instituto de Estudos Chairegos-Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro “VOSTEDE DEBERÍA SABER. A historia secuestrada da monarquía. 90 anos con Franco”, de MANUEL MONGE, sociólogo e ensaísta. Será presentado por MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, e terá lugar o VENRES 27 DE NOVEMBRO, ás 20:00 horas, na CASA DA CULTURA DE VILALBA.
RESUMO
“A historia oficial da democracia española construíuse arredor dun relato que presenta a morte de Franco, en 1975, como o punto final dunha etapa e o inicio dunha ruptura definitiva co pasado. Porén, Manuel Monge cuestiona radicalmente esta versión e sostén, con abundante documentación, que o franquismo non desapareceu coa morte do ditador, senón que moitas das súas estruturas, intereses e formas de poder continúan vixentes. En 2026, Franco cumpriría 90 anos desde o golpe de Estado que deu orixe á Guerra Civil.
Usted debería saber é unha viaxe pola historia que se nos ocultou, unha recuperación daqueles feitos e episodios que quedaron fóra do relato oficial para construír a imaxe dunha Transición modélica, pacífica e exemplar.
Manuel Monge, que sufriu directamente a represión do réxime, non escribe desde a distancia nin pretende ofrecer unha análise aséptica. Faino cunha clara vontade de denuncia, cunha obra que el mesmo concibe como un contundente «panfleto pedagóxico».
O libro Usted debería saber é unha ferramenta de reflexión e combate intelectual que invita a comprender por que o franquismo, lonxe de ser simplemente un episodio pechado da nosa historia, segue proxectando a súa sombra sobre o presente e condicionando o noso futuro.”
MANUEL MONGE.- É mestre e sociólogo. Foi presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria
Histórica da Coruña (CRMH) (2007-2011). Foi vítima do franquismo. Algunhas das súas obras:
• Os Borbóns: unha monarquía escandalosa. A herdanza do franquismo (2016) Santiago: Laiovento.
• Perverso goberno de Feijóo. Sete anos en negro (2016). Santiago: Laiovento.
• Guía para non perderse en política (2018). Santiago: Laiovento.
• Os restos do franquismo en Galiza (2020). Santiago: Laiovento.
• Feijóo. Biografía dun farsante (non autorizada) (2023). Santiago: Laiovento.
• Usted debería saber. La historia secuestrada de la monarquía. 90 años con Franco (2026). Santiago: Laiovento. 476 páxs.
ENTRADA DE BALDE
