Na tarde-noite deste venres, 16 de xuño, na Casa da Cultura de Vilalba, levouse a cabo a presentacion do libro LUGO PHILADELPIA, con poesías de LOIS PÉREZ e fotografías de ALBA DÍAZ, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, e presentado por Marisa Barreiro.
A música, a fotografía e a poesía fusionáronse nun escenario cheo de maxia. Os recitados de Alba e Lois enlazábanse coas notas musicais da guitarra de Lois (pai), unhas veces, e do teclado de Lois (fillo), outras. Voces e notas que resoaban con forza apoiadas tamén nas imaxes fotográficas da pantalla transportándonos ás calles e barrios de Nova York e Filadelfia, inmersos no corazón desas cidades, sentindo a súa enerxía e a súa maxia en cada foto, en cada nota, en cada verso.
En resume, unha velada fantástica, enriquecedora e cercana, facendo partícipe ao público asistente que puido experimentar cada momento xunto aos protagonistas.
Os parabéns e a inmensa gratitude do Iescha para Lois, Alba e Loisiño polos agradables momentos que nos brindaron.
Tamén para o público asistente.
Ata a próxima!!!