O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza o xoves 28 de decembro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a PRESENTACIÓN do LIBRO “1916-1923: O IRMÁN PEÑA NOVO”, do que é autor ALBERTE CURRÁS GATO.
O acto contará co presenza do propio autor do libro, Alberte Currás Gato, e de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.
Esta publicación, contemplada polo Instituto de Estudos Chairegos para o presente ano 2023, e financiada pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, focaliza o labor municipal en A Coruña do concelleiro LOIS PEÑA NOVO, o primero electo nunha candidatura NACIONALISTA GALEGA. “Saiu elexido POLOS VOTOS da cidadanía de A Coruña en 192O (e Antón Vilar Ponte quedou fóra por poucos votos) e botárono POLAS BOTAS (militares, por suposto) tralo Golpe de Estado do ditador Primo de Rivera, en 1923”.
A entrada será libre ata completar aforo.
Boas Festas!!!
Feliz Ano 2024!!!