RESEÑA DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIAS E SOCIOS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS LEVADA A CABO O PASADO VENRES 27 DE MARZO DO 2026, NA SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA
O venres 27 de marzo de 2026, celebrouse na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba a Asemblea Xeral Ordinaria do Iescha, correspondente ao presente ano, baixo a presidencia de Marisa Barreiro Mejuto. A reunión iniciouse en segunda convocatoria ás 20:00 horas da tarde, coa presenza de seis membros da xunta directiva así como de varias socias e socios. Seguindo a orde do día prevista, procedeuse en primeiro lugar á lectura das actas das Asembleas Ordinaria e Extraordinaria do ano 2025, que foron aprobadas por unanimidade dos presentes, sen que se formulase ningunha obxección nin emenda ao seu contido. A continuación, a presidenta presentou a Memoria de Actividades correspondente ao ano 2025, na que se deu conta das iniciativas e proxectos desenvolvidos pola entidade ao longo do exercicio. A…



