O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película LIVE IS LIFE, de Dani de la Torre, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta cuarta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 24 DE SETEMBRO DE 2023, ás 20:00H.
SINOPSE
Verán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e volta á aldea galega dos seus pais para reencontrarse coa súa panda. Pola contra, este ano é distinto para él e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan aparecer nas súas vidas ameazando con separalos. Aferrándose á amizade que os une, os cinco amigos planean escapar a noite de San Xoan en búsqueda dunha flor máxica que, según conta a lenda, crece no alto dunha montaña e puede facer os deseos realidade.
FICHA TÉCNICA:
Dirección: Dani de la Torre
Idea orixinal e guión: Albert Espinosa
Reparto:Adrián Baena, Juan del Pozo, Raúl del Pozo, David Rodríguez, Javier Casellas, Toni Garrido, Marc Martínez, Silvia Bel, Jon López, Fernando Morán,
Música orixinal: Manuel Riveiro
Dirección de fotografía: Josu Inchaustegui (AEC)
Dirección de arte: Laia Colet
Vestiario: Clara Bilbao, Elena de Lorenzo
Xefa de maquillaxe: Raquel Fidalgo
Perruquería: Paco Rodríguez H
Deseño de son: Gabriel Gutiérrez (M12DB)
Son directo: David Machado
Montaxe de son: Mayte Cabrera (M12DB)
Mestura de son: Yasmina Praderas (Deluxe)
Montaxe: Juan Galiñanes
Dirección de produción: Toni Novella (APPA), Federico Rozadillas (APPA)
Produción executiva: Rosa Pérez
Duración: 109’ Ano 2021
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Finalista: Mellor longametraxe
Finalista: Mellor dirección de arte
Finalista: Mellor montaxe
Finalista: Mellor vestiario
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO