
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, pon fin ás proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, trátase da película “JACINTO”, dirixida por Javi Camino,
A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 3 de decembro de 2022, ás 20:00 horas.
SINOPSE:
Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandoada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as recén chegadas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror.
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
● Mellor longametraxe
● Mellor dirección
● Mellor dirección de arte
● Mellor dirección de produción
● Mellor guión
● Mellor interpretación masculina de reparto
● Mellor interpretación masculina protagonista
● Mellor maquillaxe e perruquería
● Mellor montaxe
● Mellor música orixinal
● Mellor vestiario
FICHA TÉCNICA:
● Duración: 95’
● Produtora: Vizuals Lab
● Dirección: Javi Camino
● Dirección de arte: Samuel Lema Ferreira
● Dirección de fotografía: Francisco Arnoso “Pixi”
● Dirección de produción: Xabier Eirís
● Guión: Javi Camino
● Reparto: Pedro Brandaríz, Anxela Baltar, Corinna Rautenberg, Miro Magariños, Pilar Miguélez, Juanma Buiturón
● Maquillaxe e perruquería: Lorena Calvo
● Montaxe: Javi Camino
● Música orixinal: Reserva Espiritual de Occidente (Svali y Wences Lamas)
● Son: David Lagares, José Tomé
● Vestiario: Lorena Calvo
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO
BEN DIRECTAMENTE NO AUDITORIO O MESMO DÍA DA PROXECCIÓN