O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección (adiada no mes pasado) do documental ONDE MÁIS DOE, de Manane Rodríguez, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta sexta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 26 DE NOVEMBRO DE 2023, ás 20:00H.
SINOPSE
Depois de ameazar durante anos á súa ex parella, MM asesina a golpes de pala ao seu fillo de 11 anos. Que move a unha persoa en pleno uso das súas facultades a matar a un fillo? Por que o feito de que unha muller non se someta e intente actuar pola súa cuenta pode alentar un castigo tan brutal?
FICHA TÉCNICA:
Dirección e guión: Manane Rodríguez
Produción executiva: Xavier Bermúdez
Músico: Nani García
Directora de produción: Tamara González
Axudante de produción: Raquel Figueiredo
Auxiliar de produción: Carmen Pastoriza
Directora de fotografía e cámara: Lara Vilanova
Axudante de cámara: Álvaro Bernabeu
Meritoria de cámara: Rosalía Cancelada
Data manager: Alberto Porca, Álvaro Bernabeu
Color: Lara Vilanoa
VFX: David López
Montaxe: Vanesa García Sampedro
Son directo: Alberto Blanco
Montaxe e mestura de son: Emilio García
Participantes: Saamira Ganay, Jacobo Rey
Sastre, Montse Fajardo, Luz Darriba, Paz
Filgueiras, Berta Rodríguez, Roberto
Castro, Dolores Gómez
Duración: 1h 04min
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Finalista: Mellor documental
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA
BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO