CICLO MULLERES GALEGAS. CONFERENCIA DE LIDIA MARIÑO: “TRALAS PEGADAS DA VELLA. O RECORDO NO FOLCLORE DA GRAN DEUSA PREHISTÓRICA”. 27-10-23, ÁS 20:00 H., CASA DA CULTURA-VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 27 de outubro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, unha CONFERENCIA titulada “TRALAS PEGADAS DA VELLA. O RECORDO NO FOLCLORE DA GRAN DEUSA PREHISTÓRICA”, impartida por LIDIA MARIÑO,  Fisioterapeuta e Antropóloga. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA

Esta será a sétima conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, programado polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por VANESA SISO e levaba por título: “A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”; a terceira, no mes de abril, impartida por LUZ DARRIBA co título “Para reter a auga. Conversas ao redor de María Casares”; a cuarta, a cargo de RICARDO POLÍN, no mes de maio, titulada “A que fía, ama e ora. Estampas da muller tradicional na literatura de costumes (e no gravado antigo)”, a quinta, no mes de xuño, impartida por MARTA COLLAZO “Achegas feministas no itinerario de exeria”, e a sexta, no mes de setembro, verso sobre a figura de “Juana de Vega”, e correu a cargo de Xosé Ramón Veiga Alonso, Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre.

LIDIA MARIÑO VENTOSO

Nacida en Portosín en 1984. Diplomada en Fisioterapia, actualmente atópase rematando o Grao de Antropoloxía Social e Cultural na Uned. Realizou varios cursos de extensión universitaria sobre antropoloxía, mitoloxía e ritualística galega; así como de investigación etnográfica, rituais con máscara, prehistoria, crenzas medievais e sobre as relacións entre a Natureza e a Cultura. En 2012 publica a novela histórica “La verdad del bufón”, no 2018 participa no libro colectivo “Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego” e en 2022 no de “Terapie Ancestrali” co seu capítulo sobre a medicina tradicional galega. Ten publicados numerosos artigos, así como tamén impartido conferencias, sobre diversos aspectos da mitoloxía, os ritos e as crenzas galegas O seu tema fundamental de investigación é a figura da Vella mítica, que estuda aplicando os métodos da mitoloxía comparada. A esta personaxe está dedicado o seu blogue “Tralas pegadas da Vella”. Actualmente é colaboradora do programa da Televisión de Galicia “Quen anda aí?”, onde ten unha sección dedicada a crenzas e rituais.

Un pensamento en “CICLO MULLERES GALEGAS. CONFERENCIA DE LIDIA MARIÑO: “TRALAS PEGADAS DA VELLA. O RECORDO NO FOLCLORE DA GRAN DEUSA PREHISTÓRICA”. 27-10-23, ÁS 20:00 H., CASA DA CULTURA-VILALBA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad