CONFERENCIA DE SABELA OLIVARES: “O LEGADO DE DOROTHÉ SCHUBARTH NA TRADICIÓN GALEGA”. 14/12/23, 20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o xoves 14 de decembro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, unha CONFERENCIA titulada “O legado de Dorothé Schubarth na tradición galega”, que será impartida por SABELA OLIVARES, Titulada Superior de Música. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA

Esta será a novena conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, poñendo colofón ao mesmo no que atinxe ao presente ano 2023.

O ciclo mencionado programouse polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023, A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por VANESA SISO e levaba por título: “A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”; a terceira, no mes de abril, impartida por LUZ DARRIBA co título “Para reter a auga. Conversas ao redor de María Casares”; a cuarta, a cargo de RICARDO POLÍN, no mes de maio, titulada “A que fía, ama e ora. Estampas da muller tradicional na literatura de costumes (e no gravado antigo)”, a quinta, no mes de xuño, impartida por MARTA COLLAZO “Achegas feministas no itinerario de exeria”, a sexta, no mes de setembro, versou sobre a figura de “Juana de Vega”, e correu a cargo de Xosé Ramón Veiga Alonso, Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre; a sétima, no mes de outubro, co título de “Tralas pegadas da Vella. O recordo no folclore da Gran Deusa Prehistórica”, impartida por LIDIA MARIÑO, e a oitava, no mes de novembro, impartida por CRIS FELPETO, que falou sobre “A violencia contra a muller na obra das escritoras galegas”.

SABELA OLIVARES RIVAS 

Titulada Superior de Música na especialidade de instrumentos da música tradicional e popular. (…)

Nacida en Vigo en 1981 adícase profesionalmente á música como intérprete e docente dende os 19 anos. Amplía a súa formación académica participando en distintos cursos e seminarios relacionados coa musicoterapia, a pedagoxía musical activa e a técnica instrumental.

Dende o ano 2004 participa como intérprete e compositora en diferentes proxectos musicais coa gravación de varios traballos discográficos: A Compañía do Ruído (2005), Chuvia 06 (2006), Música e Patacas (2008), Había de Chover Merda (2010), Pensares Galegos (2013), A Cuadrilla da Fonte

Navegante (2015), O Punchi Must Go On (2018). 

Na actualidade é integrante do grupo BOROA co que acaba de publicar o traballo discográfico O´Clásico Fol e do grupo de música infantil OS JALOCHOS.

PUBLICACIÓNS 

– Tinta de fol – 2023  //  – As que dormen entre o centeo (Colaboradora) – 2023 // – 12 Valses para Gaita e Piano para Grao Elemental – 2022 –  12 Valses para Gaita e Piano para Grao Profesional- 2022

Un pensamento en “CONFERENCIA DE SABELA OLIVARES: “O LEGADO DE DOROTHÉ SCHUBARTH NA TRADICIÓN GALEGA”. 14/12/23, 20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad