O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección documental MARÍA CASARES, A MULLER QUE VIVIU MIL VIDAS, de Xavier Villaverde, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta terceira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 10 DE SETEMBRO DE 2023, ás 20:00H.
SINOPSE
María Casares: A muller que viviu mil vidas, propón unha aproximación íntima e profunda á vida desta muller extraordinaria; unha homenaxe desde a súa Galicia natal, á que nunca esqueceu, no primeiro centenario do o seu nacemento, a unha figura cegadora, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX.
FICHA TÉCNICA:
Dirección: Xavier Villaverde Guion: Xavier Villaverde
Documentalista: María Jiménez
Asesora de contidos: María Lopo
Asesor histórico: Emilio Grandío
Dirección de fotografía: Ledi Bellón Dirección de arte: Noela Gutierrez
Montaxe: Renato San Juan Produtoras executivas: Paula Cons, Carolina C. Mendes
Dirección de produción: Lucía Baleato Coordinador de produción: Juan de Dios Serrano
Produtores: Juan de Dios Serrano, Xavier Villaverde, José Mazeda
Produtoras: Agallas Films, Take 2000 Son: Ledi Bellón Mesturas de son: José Vinader, Olga Santos
Montaxe de son: Olga Santos Música: José Nieto Restauración vídeos do Arquivo Histórico e de María Casares: Alexei Krivosheev
Interveñen: María Lopo, Emilio Grandío, Manolo Rivas, Mabel Rivera, Johanna Silberstein, Jorge Lavelli, Marion Chénetier-Alev, Manolo Lourenzo
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
Gañadora: Mellor Documental
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA
BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO