CONCERTO DE PÄRBO EN VILALBA
Gran concerto do dúo musical PÄRBO, formado por Begoña Riobó e Anxo Pintos. Delicadeza e sensibilidade en cada unha das pezas coas que nos foron deleitando ao longo do mesmo.
Violín, arpa, zanfoña, voz… Música evocadora e harmoniosa, alternando temas orixinais con outros versionados da música popular galega.
Parabéns, Begoña e Anxo, polo voso magnífico traballo!!!
Foi na noite deste sábado, no Auditorio Municipal de Vilalba, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello, e coa presenza de numeroso público ao que lle agradecemos a súa asistencia.