O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 24 de novembro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, unha CONFERENCIA sobre “A VIOLENCIA CONTRA A MULLER NA OBRA DAS ESCRITORAS GALEGAS”, que será impartida por CRIS FELPETO, Filóloga. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.
Esta será a oitava conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, e nesta ocasión coincide no tempo tamén co DÍA INTERNACIONAL CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS.
O ciclo mencionado programouse polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023, A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por VANESA SISO e levaba por título: “A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”; a terceira, no mes de abril, impartida por LUZ DARRIBA co título “Para reter a auga. Conversas ao redor de María Casares”; a cuarta, a cargo de RICARDO POLÍN, no mes de maio, titulada “A que fía, ama e ora. Estampas da muller tradicional na literatura de costumes (e no gravado antigo)”, a quinta, no mes de xuño, impartida por MARTA COLLAZO “Achegas feministas no itinerario de exeria”, a sexta, no mes de setembro, versou sobre a figura de “Juana de Vega”, e correu a cargo de Xosé Ramón Veiga Alonso, Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre, e a sétima, no mes de outubro, co título de “Tralas pegadas da Vella. O recordo no folclore da Gran Deusa Prehistórica”, impartida por LIDIA MARIÑO.
CRISTINA FELPETO GARCÍA
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC.
Ten estudos de Tercer Ciclo dentro do programa de Doutorado de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela (bienio 2001-2003), dotado con mención de calidade polo MEC. Defensa de TIT La recreación en Blade Runner. Novela, película, videojuego, (09/2003). Sobresaliente por unanimidade do tribunal do TIT e de Apto polo Tribunal Único. DEA en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola USC (2003).
Cursos e congresos: Curso de Adaptación Pedagóxica / CAP (2002). X Congreso da Asociación Española de Semiótica “ Arte y Nuevas Tecnologías” (2002). Curso de Formación Continua “Espacios culturales y creación literaria: narrativas peninsulares recientes (lectura crítica de textos literarios)” (2004). I Master en Edición organizado polo Departamento de Filoloxía Galega de la Facultade de Filoloxía da USC (2005). 100 horas de prácticas editoriais no Servizo de Publicacións da USC (2005).
Idiomas: Galego, Castelán, Inglés.
Colaboradora externa nos Informes de Literatura 2001 e 2002 do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Becaria do Proxecto CORDE da RAE no período 2002-2004. Picado de código XHTML para publicación en motor de busca de textos do Século de Ouro. Revisora editorial (correción ortotipográfica e estilística
Tradutora, Correctora ortotipográfica. Correctora de estilo. Transcritora…