
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2021, organiza, en colaboración co Concello de Vilalba, a conferencia “XELA ARIAS, A VIDA ÍA EN SERIO”, impartida por MARTA VEIGA IZAGUIRRE, profesora e xornalista. O acto terá lugar o venres 7 de maio de 2021, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. A entrada é libre ata completar aforo, cumpríndose estrictamente a normativa anti-covid.