ENTREGA DO IV PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A IRIA MISA, POR A CIDADE DO ÁTOMO

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, IRIA MISA, polo seu libro A CIDADE DO ÁTOMO, que terá lugar o sábado, día 23 de outubro de 2021, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

O referido acto, presentado por CARMEN HERMIDA, contará coa intervención de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, ELBA VELEIRO, alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e IRIA MISA, gañadora do premio.

Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe…

Para elo, contamos coa participación de:

BMV ENSEMBLE, interpretando o tema: o “Non hai noite tan longa para a Dama da Luz”

ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO, escenificando a montaxe: o Valados

ALBA (Voz) e SOPHIA (Piano) do IES BASANTA SILVA: cantando e recitando: o Tres poemas de amor para Agustín

Colaborará no acto a Asociación de Xordos.

O aforo está limitado ao 90%. A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación directamente na Casa da Cultura, ou ben a través da páxina web do Concello. Tamén se poderán conseguir o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio sempre e cando quedasen asentos libres.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad