Cargando eventos

« Todos os eventos

O IESCHA ORGANIZA O ACTO INAUGURAL DA “INICIATIVA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ 2026-2027: MIRADAS SOBRE AGUSTÍN”. VENRES 23 DE OUTUBRO DE 2026 – 19:00 H. BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” DE VILALBA

Outubro 23 @ 19:00 - 20:30

O IESCHA presenta en Vilalba a “Iniciativa Agustín Fernández Paz 2026/2027: Miradas sobre Agustín”

A iniciativa “Miradas sobre Agustín”, promovida polo IESCHA en Vilalba, nace coa vontade de divulgar a obra e o legado de Agustín Fernández Paz, unha figura fundamental da literatura galega contemporánea e da cultura vinculada á lectura, á educación e á creación.

Ao longo do curso 2026–2027, o programa propón encontros, conversas, actividades literarias e celebracións arredor das múltiples dimensións de Agustín: a literatura, o cinema, o cómic, a lingua, a renovación pedagóxica e a relación coas novas xeracións. A iniciativa está organizada polo IESCHA, co apoio da familia e coa participación das amizades e das persoas valedoras da figura do autor.

Neste marco, o vindeiro venres 23 de outubro de 2026, ás 19:00 horas, a Biblioteca Municipal “Agustín Fernández Paz” de Vilalba acollerá o primeiro evento cultural especial para afondar nesta homenaxe.

Programa da Xornada

• Apertura da Exposición “O Herbario de Agustín”, realizada polo alumnado do IES Basanta Silva de Vilalba, e que poderá visitarse ata o 10 de novembro.

• Presentación do proxecto: Marisa Barreiro dará a coñecer de forma detallada as actividades e obxectivos que compoñen esta gran programación para o curso.

• Lectura do Manifesto: Como acto central de reivindicación e recoñecemento, os escritores Paco Martín e Xavier Senín serán os encargados de ler o Manifesto a favor da figura de Agustín Fernández Paz.

• Charla inaugural: Isabel Soto analizará a fonda vinculación da traxectoria do autor coa identidade e a sociedade galega impartindo a conferencia “Agustín Fernández Paz: o compromiso cun país e coa terra de nacenza”.

Entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Detalles

  • Data: Outubro 23
  • Hora:
    19:00 - 20:30

Recinto

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” DE VILALBA
  • 27800 Spain + Google Map