O Instituto de Estudos Chairegos organiza na Casa da Cultura de Vilalba a exposición “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN”, montada pola Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva.
Permanecerá aberta ao público dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024.
SINOPSE
“A EXPOSICIÓN
VOCES PALESTINAS QUE CONTAN
pretende ser un achegamento ao conflicto dende a poesía e a historia a partir de lecturas e textos que nos axudarán a ir entendendo un pouquiño mellor o que, dende décadas, está a acontecer en Oriente Medio. Vide vela!