II CONCERTO DE VERÁN. ACTUACIÓN DO GRUPO MUSICAL GALEGO “BOROA”. O VENRES 18 DE AGOSTO DE 2023, ÁS 22:00 HORAS, NO TEMPLETE DA MÚSICA DE VILALBA 

 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o II COCERTO DE VERÁN, coa actuación do grupo musical galego BOROA, que terá lugar o venres 18 de agosto de 2023, ás 22:00 h., no Templete da Música de Vilalba.

Boroa presenta “O Clásico Fol” neste ano 2023. 

A banda, liderada por Sabela Olivares, amosa o seu primeiro traballo discográfico cun proxecto que xira ao redor da funcionalidade e a versatilidade da gaita, ademais da súa adaptación ás novas tecnoloxías do século XXI.

Coa gaita como protagonista, Boroa presenta un conxunto de melodías de creación propia construíndo un universo sonoro que propón unha viaxe musical alén do atlántico, que parte da nosa raíz e se achega a harmonías de diferentes xéneros musicais como o swing, o jazz manouche ou o ragtime.

A proposta de Boroa ofrece un directo variado onde se integran, ademáis dos temas propios, interpretacións de música contemporánea, de clásicos de cine e repertorio tradicional  doutras culturas como a rumana ou a irlandesa. 

Cunha sonoridade singular, produto do estilo persoal dos tres integrantes, e unha mezcla de melodías dialogadas, ritmos variados, arranxos creativos e adaptacións de temas pouco comúns para a gaita, a banda ofrece unha posta en escena atractiva e potente, co divertimento e a posta en valor do idioma universal, a música, como obxectivo.

OBRADORIO DE BAILE GALEGO
Antes de comezar o concerto, ás 20:00 h., e no mesmo lugar,   a carón do Templete, Sabela Olivares, compoñente do grupo Boroa, impartirá un obradoiro de Iniciación á xota, para todos os públicos e aberto a todas as persoas que queiran participar (non fan falta coñecementos previos).

Un pensamento en “II CONCERTO DE VERÁN. ACTUACIÓN DO GRUPO MUSICAL GALEGO “BOROA”. O VENRES 18 DE AGOSTO DE 2023, ÁS 22:00 HORAS, NO TEMPLETE DA MÚSICA DE VILALBA 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad