
Hoxe, na Casa da Cultura de Vilalba, o IESCHA organizou a presentación do libro de Brais Lamela “NINGUÉN QUEDA”. Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, abriu o acto dando a palabra a Brais Lamela, o autor do libro, e a Xabier Cordal, profesor e escritor, que a xeito de conversa amena e distendida, souberon transmitir ao público asistente algúns dos aspectos máis significativos deste libro que xa vai pola 5º edición. Parabéns a Brais polo seu magnífico traballo, e a Xabier pola lucida introdución inicial e conversa posterior co autor. Dende o Iescha, o noso agradecemento, que facemos extensivo ao público que encheu a Casa da Cultura.