
O Concello de Vilalba, a NPG e o IESCHA organizan as “Xornadas Rosalianas” cunha decena de actos musicais, divulgativos, poéticos e teatrais ao redor da figura de Rosalía De Castro.
As “Xornadas Rosalianas” chegan a Vilalba para quedarse. Así o confirmaron desde o Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitirica e o Instituto de Estudos Chairegos, tres entidades que veñen de organizar un programa con máis dunha decena de accións encamiñadas á distinción e recoñecemento de Rosalía de Castro como unha muller sobranceira das nosas letras e imprescindible na nosa cultura.