O acto de entrega do VI Premio Agustín Fernández Paz ao seu gañador Pablo Nogueira no defraudou, nin moito menos. A deste sábado, foi unha noite chea de emocións. O numeroso público asistente puido disfrutar dunha gala entrañable, variada, atractiva e cargada de sensibilidade en todas e cada unha das intervencións e actuacións que se foron sucedendo.
Comezando pola sempre completa e profesional condución do acto a cargo de Carmen Hermida (co infatigable traballo da intérprete de linguaxe de signos ao seu carón).
Cotinuando coas palabras de benvida a cargo da presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro: a satisfacción de ler, a de soñar esperto coas palabras dos libros, capaces de transportarnos a mundos onde a imaxinación é a protagonista.
Con Lambe Lambe: voces, pandeiros e acordeón que acariñaron os nosos sentidos, entrando no corazón dos presentes.
Con Corredores de Sombra: unha perfomance (arte plástica, música e palabra) chea de lirismo e mensaxes, unha actuación con gran expresividade que vai máis aló do superficial.
Con Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba: a importancia da cultura e dos eventos culturais como este, que apostan pola cultura e a igualdade como piares fundamentais da sociedade.
Coa Escola de Movemento, dirixida por Noelia Blanco: “Mirádevos…” e ben que as miramos. A plasticidade, o brio, o equilibrio, encandilaron a todos e todas.
Con Manuel Bragado, membro do Xurado: compartindo as súas impresións sobre a obra gañadora e destacando a calidade da proposta literaria de Pablo Nogueira.
Co Grupo de Estudantes Basanta Silva: a través da poesía, da danza e do movemento, demostrándonos, e de que xeito!, o seu compromiso coa arte e a cultura.
Con Fran Alonso: expresando o seu agradecemento a través dun vídeo e destacando a importancia de eventos coma este para a comunidade.
Coa entrega do VI Premio a Pablo Nogueira: poñendo en valor cunhas fermosas palabras os libros de Agustín, e recibindo o tan merecido agasallo.
Co Grupo BMV Ensamble: deleitándonos cunha fermosa selección musical de “Os Miserables”, e culminando a velada co Himno Galego.
E todo cun denominador común: Agustín Fernández Paz. Sen dúbida, unha homenaxe máis que merecía.
Dende o IESCHA queremos expresar o noso profundo agradecemento a todas as persoas implicadas neste acto, cuxas achegas foron fundamentais para a realización do mesmo (familiares de Agustín; o premiado e familia do premiado; membros do Xurado; Iescha, Concello, Xerais; as presentacións, as actuacións, as intervencións, o persoal da parte técnica, o persoal da linguaxe de signos, etc.) A todos e a todas, moitas grazas!!!
E tamén, coma sempre, o noso agradecemento ao público asistente, que fixo brillar aínda máis intensamente este acto.
Ata a próxima!