VIDEO-RESUME DAS XORNADAS POLA DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL E DE XÉNERO – 25 E 26 DE NOVEMBRO-CASA DA CULTURA DE VILALBA

Xornadas moi interesantes, motivadoras e suxerentes as organizadas polo Iescha e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Vilalba, durante a tarde do venres e a mañá deste sábado, na Casa da Cultura.   

Durante este dous días asistimos a un amplo e variado programa sobre a diversidade afectivo-sexual e de xéneroonde relatoras e relatores, a través de conferencias, charlas, debates, proxeccións, roteiros guiados, exposicións, etc., deixaron boa mostra de infinidade de aspectos interesantes para o debate e para a análise, partindo do que houbo, do que hai e do que se pretende que haxa. 

Moitas grazas e moitos parabéns, polo tanto (e por tanto!), a Cristina Palacios, a Jesús Castro, a Carme Adán, a Quique Latorre, a Erik Dopazo, a Enzo Sarmiento, a Laura Cadenas, a José Manuel Rodríguez Gayoso, a Carlos Callón e a Daniela Ferrández, pola súa inestimable (e imprescindible) participación nestas Xornadas. 

Agradecemento que facemos extensivo ao Consello da Cultura Galega (representado nesta ocasión por Carme Adán), ao Concello de Vilalba (representado pola alcaldesa Elba Veleiro, así como a Iria Currás e a Marisa Barreiro, do Iescha, que tan ben nos representaron.

Finalmente, o noso agarimoso recoñecemento ao público asistente, para o vai dirixida toda a actividade que dende o Iescha estamos a desenrolar dende hai máis de vinte anos, lamentando, iso si, que nesta ocasión non puidera beneficiarse máis xente de tanto e tan bo traballo presentado.  

Ata as próximas!!! 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad