XX RUTA CHAIREGA. ANDANDO AS TERRAS DE GUITIRIZ. RUTA DO RÍO REQUEIXO. DOMINGO 9 DE XULLO DE 2023. SAÍDA EN AUTOBÚS HACIA ROCA ÁS 9:30 DENDE A CASA DA CULTURA DE VILALBA

O domingo de xullo de 2023, o IESCHA organiza a XX RUTA CHAIREGA que recorrerá nesta ocasión as terras de Guitiriz, pola Ruta do Río Requeixo.

DESCRICIÓN 
O inicio oficial da ruta é a Ponte de Roca, preto de onde o río se une ao Parga, á altura da casa dos peóns camineros, entre os puntos quilómetros 533 e 534 da N-6.

Hai paneis sobre o río e achados, xacementos ou construcións da zona. Outros ofrecen datos dos muíños (Novos, Chispa, A Casanova, da Locencia, de Merra de Abaixo, Ponte Barreiro) erguidos entre o XIX e o XX, dos regatos (de Parga, Illó, do Mato) e das pontes e pasos de pedra…

A Ruta do Río Requeixo de Guitiriz ten como sinais de identidade a natureza envolvente e atemporal, as estruturas construídas polos veciños da zona ao longo do tempo para sortear o río e os restos dos muíños que outrora eran punto de encontro, alimentados por esas augas que o unifican todo.

Dende a ponte de Roca, na parroquia de Roca, onde o río leva ese nome, ata a Ponte do Porto dos Bois (ou viceversa), linde entre Os Vilares e O Buriz, pasando por Trasparga, Santa Cruz e San Salvador, o camiñante remonta o río (ou segue o seu curso) en nove quilómetros para ver… e sentir.

O son do tráfico constante ao pasar baixo o gran viaduto da A-6, a estampa dunha fábrica e un par de vías asfaltadas son o único indicativo real de urbanización. O resto, como diría Manuel María, é soedá. Unha casa aquí e outra acolá, cans, vacas, cabalos, cabras e ovellas…, fervenzas, valados, árbores, pedra e as cores das estacións fanlle compaña e ese andante que coma o poeta, só pode medir os seus pasos en ferrados de corazón e fanegas de alma.”

(CRISTINA PÉREZ,https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/ruta-do-rio-requeixo-natureza-etnografia-quilometros/202204071626071569347.html)

Ao finalizar a ruta, terá lugar o xantar, nesta ocasión será servido no restaurante Merendero, nos Vilares. 

A cuota a pagar será de 25  por adulto (menores acompañados, 5€) (inclúe a comida e o autobús).

O traslado dos participantes farase en autobús dende Vilalba ata o inicio da ruta en Roca, saíndo das inmediacións da Casa da Cultura ás 9:30 horas e retornando á tardiña. 

Os/as interesados/as poden apuntarse contactando con calquera membro da Xunta Directiva do IESCHA, ou por correo electrónico (estudoschairegos@gmail.com), como moito, ata xoves, día 6 de xullo, ás 20:00 horas. 

Un pensamento en “XX RUTA CHAIREGA. ANDANDO AS TERRAS DE GUITIRIZ. RUTA DO RÍO REQUEIXO. DOMINGO 9 DE XULLO DE 2023. SAÍDA EN AUTOBÚS HACIA ROCA ÁS 9:30 DENDE A CASA DA CULTURA DE VILALBA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad