3º ACTO DO IESCHA: “MIRADAS SOBRE AGUSTÍN”- ROTEIRO AIRE NEGRO DE AGUSTIN – Paseo literario polos espazos nos que transcorre a súa novela AIRE NEGRO – SÁBADO 7/11/26 – SAÍDA 10:00H ARREDORES AS FONTIÑAS

O Instituto de Estudos Chairegos, a Biblioteca “Agustín Fernández Paz” do IES Basanta Silva e a Escola de Teatro, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan o ROTEIRO “AIRE NEGRO”, un paseo literario polos espazos do concello nos que transcorre a novela de Agustín Fernández Paz, dentro da Iniciativa 2026-2027: MIRADAS SOBRE AGUSTÍN.

O inicio do Roteiro terá lugar ás 10:00 horas do sábado 7 de novembro a carón da Biblioteca Municipal “Agustín Fernández Paz” de Vilalba, para proseguir polo barrio de As Fontiñas e por outros lugares do concello polos que transcorre a novela. Unha parte do percorrido será a pé, e outra, en autobús (posto polo Concello para facilitar os desprazamentos).

De regreso a Vilalba, terá lugar o xantar no restaurante NOVA RUTA, cun menú literario recollido das novelas de Agustín: CALDO, TROITAS FRITIDAS CON XAMÓN E CON VERDURAS, PATACAS E ENSALADA, QUEIXO CREMOSIÑO CON MARMELO

Todas as persoas interesadas en participar no Roteiro e no xantar deberán facer a inscrición previa mandando unha mensaxe ao correo do Iescha estudoschairegos@gmail.com.

O prazo de inscrición finaliza o mércores 4 de novembro.

O prezo que haberá que pagar será de 35 €, que serán aboados ao remate do xantar.

NOTA.- Debido ao tipo de ruta, puidera ser que fora necesario limitar o número de persoas. Nese caso fariamos uso da orde de inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad