Na tarde noite deste sábado, o IESCHA, en colaboración co Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, organizou no Auditorio o acto de entrega do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade a LOIS PÉREZ, gañador polo seu libro A GRUTA DA TORRE. Un acto que tamén serve para lembrar a figura do noso benquerido Agustín.
E dese xeito deu comezo o evento, proxectando un pequeno pero emotivo video na súa memoria. A partir de aquí, fóron sucedéndose unha tras outra, as fantásticas actuacións coas que nos deleitaron PABLO DEL VALLE, AS MOUCHAS (Grupo de alumnas do IES Basanta Silva), CORREDORES DE SOMBRA, o alumnado da ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO, novamente AS MOUCHAS, LOIS PÉREZ, PABLO DEL VALLE E MARCOS SACHIN NOVO, e como colofón, BARUK DOMINGUEZ dando o tono para cantar entre todos o HIMNO GALEGO. Todas estas actuacións foron alternándose coas intervencións de MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA; ELBA VELERIO, alcaldesa de Vilalba, FRAN ALONSO, director de EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e LOIS PÉREZ, o gañador do V Premio.
A presentación do acto correu a cargo de CARMEN HERMIDA, contando tamén cunha intérprete da lingua de signos da Agrupación de Xordos de Lugo, e como non, co equipo de técnicos do Auditorio.
Todo elo deu lugar a un magnifico evento, onde a palabra, a música, a poesía, a plástica, a imaxe, a luz e o son conformaron un gran espectáculo, cheo de sentimento e emotividade. Agustín ben o ten merecido!!!
Dende o IESCHA, temos que agradecer a todas estas persoas (e a tantas outras non citadas) a súa participación no acto, así como dar as grazas ao público asistente.
Parabéns a todos e a todas!!!