ACTO DE ENTREGA DO V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ AO ESCRITOR LOIS PÉREZ GAÑADOR POLO SEU LIBRO “A GRUTA DA TORRE”

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade ao escritor gañador, LOIS PÉREZ, polo seu libro A GRUTA DA TORRE, que terá lugar o sábado, día 22 de outubro de 2022, ás 20:00horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

O referido acto, presentado por CARMEN HERMIDA, contará coa intervención de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, ELBA VELEIRO, alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e LOIS PÉREZ, gañador do premio.

Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe… 

Para elo, contamos coa participación de:

  • DÚO PASAXES, Pablo del Valle e Marcos Sachin Novo, percusionistas           
  • AS MOUCHAS, alumnas do IES Basanta Silva 
  • ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO
  • CORREDORES DE SOMBA

Contaremos tamén coa colaboración da Asociación de Xordos de Lugo (AXORLU).

Nalgún momento do acto, darase a coñecer o ditame do Xurado do VI Premio Agustín Fernández Paz.

A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello. Tamén se poderán conseguir o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio sempre e cando quedasen asentos libres.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad