ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA NOVA OLANDA. DE FERROL A PORTO: AS CIDADES GALEGAS E O NORTE DE PORTUGAL NO ESCENARIO GLOBAL (VIDEO-RESUME)

Este venres, na Casa da Cultura de Vilalba, tivo lugar o acto de presentación do libro de Antón Baamonde “UNHA NOVA OLANDA. De Ferrol ao Porto: As cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global” e que contou coa presentación de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha… 

Moi interesante a intervención de Antón Baamonde que nos foi detallando as principais ideas contidas no mesmo, principalmente o modelo de futuro da nosa Galiza, facendo especial mención ao desenrolo urbán, á relación co norte de Portugal, á falta de perspectiva, a carencia de estratexia… 

Ao remate da charla, produciuse un animado e participativo debate sobre os puntos sinalados polo autor.Dende o IESCHA só nos queda agradecer moi sinceramente a Antón Baamonde a súa participación neste acto e por ternos agasallado cun feixe de ideas desta temática tan interesante

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad