O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través dos CIRCUÍTOS DE TEATRO AFECCIONADO, organiza a representación teatral da obra 21/3, a cargo do GRUPO DE TEATRO DOWN, de Lugo.Este acto terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 30 de novembro de 2024, ás 19:00 horas.
SINOPSE: 21/3
Teatro documental. Público adulto. 50 min.
Cando pecho os ollos podo ver a miña vida por retazos, podo compoñer un vestido cosendo todos eses retazos, anédotas, a primeira vez que vin o mar, o meu primeiro bico, as cousas que me fixeron feliz e as cousas que non me fan nin m e fixeron tan feliz….” 21/3 trata sobre cada un dos membros deste grupo, sobre as suas inquedanzas: como nos ven?, como nos gustaría que nos visen?, somos aceptados?, porque temos que ser aceptados?, non somos como os demais? ou somos como Segismundo buscando o motivo do seu castigo? Os textos creados no taller de teatro son eses retazos que unha vez cosidos cobraron vida. Xógase coa numeroloxía: 21 escenas en tres actos, 21 de marzo e o triple cromosoma 21. As imaxes, as atmósferas e os corpos son primordiais na posta en escena. Unha obra para enternecer, rir e chorar. Como a vida mesma.
GRUPO TEATRO DOWN (LUGO)
Este grupo formouse en decembro de 2004 a partir dun obradoiro de achegamento ao teatro que de inicio contaba con 7 participantes. No 2007 o grupo ampliou o seu número de membros consolidándose como tal. Na actualidade está formado por 16 actrices e actores afeccionados, todos eles con capacidades diferentes, de idades comprendidas entre os 22 e os 55 anos.
Ao longo da súa traxectoria, o Grupo de teatro Down Lugo representou obras como “Eu respecto as normas, e ti?”, “A viaxe da vida”, “Down Up”, “Sono dun día”, “O circo dos doce puntos”, “Amor”, “Montaxe de terror”, “Gritos”, “O clube da comedia viaria”, “O bar da esquina”, “Televisión”, “Dimes e diretes”, “Conto de Nadal”, “Ti te me deixas querer”, “Ó redor dunha camilla”, “Soños”, “Performance Soño” e “Soño dunha noite de verán”.
FICHA TÉCNICA
Autoría: Creación do Grupo Down dramatizada por Paloma Lugilde
Dirección: Paloma Lugilde
Elenco: Alba Abuín, Isabel García, Javier Fernández, Mickel González, Saul Montoya, María Isabel Casanova, Marcos Cruz, Ismael Blanco, Alberto Vázquez, Carlota Mosquera, Sonia Díaz, Marisa Vilar, Pablo Peña, Macario Pombo, Laura del Cerro, Cintia Diaz, Sergio Villamarín, Eduardo Vázquez, María Varela, Francisco García.
A ENTRADA SERÁ DE BALDE PERO HABERÁ QUE RESERVAR A LOCALIDADE NA WEB DO CONCELLO (ENTRADAS) OU NA CASA DA CULTURA