CONFERENCIA DE MARISA VIDAL COLLAZO “ACHEGAS FEMINISTAS NO ITINERARIO DE EXERIA”-CICLO MULLERES GALEGAS. VENRES 30 DE XUÑO, 20:00

O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 30 de xuño de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a CONFERENCIA “ACHEGAS FEMINISTAS NO ITINERARIO DE EXERIA”, a cargo de MARISA VIDAL COLLAZO, profesora, escritora, teóloga e feminista galega, a partir dun libro da súa autoría que leva o mesmo título. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA

Esta será a quinta conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, programado polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por VANESA SISO e levaba por título: “A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de tradición oral”; a terceira, no mes de abril, impartida por LUZ DARRIBA co título “Para reter a auga. Conversas ao redor de María Casares”, e a cuarta, a cargo de RICARDO POLÍN, no mes de maio, titulada “A que fía, ama e ora. Estampas da muller tradicional na literatura de costumes (e no gravado antigo)”. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad