VIDEO-RESUMO FOTOGRÁFICO DA CONVERSA CON GERMÁN CASTRO AO REDOR DE ÁNGELES ALVARIÑO – CASA DA CULTURA DE VILALBA – 27 DE XANEIRO DE 2023

Nesta pasada tarde-noite de venres, na Casa da Cultura de Vilalba, o Iescha deu comezo a un ciclo de conferencias que terán como protagonista principal á muller. 

É o primeiro acto deste ciclo resultou moi interesante: Germán Castro, periodista, presidente fundador e, actualmente, presidente de honra do Club de Prensa de Ferrol, conversou con nós ao redor da figura de Angeles Alvariño, zoóloga, oceanógrafa e mestre galega, que desenrolou a súa actividade máis importante nos EEUU. 

Durante a intervención do conferenciante, poidemos ir coñecendo interesantes detalles biográficos e profesionais da investigadora galega, a quen, entre outras moitas cousas, temos que agradecer a descrición de 22 novas especies planctónicas. 

Participaron tamén no acto, María Xosé Lamas e Marisa Barreiro que complementaron estupendamente ao conferenciante. 

Dende o Iescha, queremos agradecer a Germán Castro a súa participación cunha interesantísima e detallada intervención que contribuirá sen dúbida a termos un maior e mellor coñecemento desta gran científica galega. Agradecemento que facemos extensivo a Mª Xosé e a Marisa.

E, para rematar, moitas grazas ao público que asistiu ao acto a pesar das inclemencias meteorolóxicas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad