I XORNADAS MICOLÓXICAS NO ESPAZO NATURAL MONSEIVANE. DOMINGO 15 DE NOVEMBRO DE 2026. SAÍDA ÁS 9:00 DENDE ARREDORES DO MEGA GADIS. INSCRICIÓNS ATA O VENRES 13/11

O Instituto de Estudos Chairegos, organiza ás I XORNADAS MICOLÓXICAS para o DOMINGO 15 DE NOVEMBRO DE 2026.

A saída está prevista para ese domingo ás 9:00, dende os arredores do Mega Gadis, para dirixirnos ata o espazo natural do MONSEIVANE, onde terá lugar a identificación e recollida das setas acompañados por LUIS CUBA, coñecedor do mundo micolóxico.

https://www.youtube.com/@luiscubaylamicologia1150

Xa de regreso a Vilalba, ás 15:30 terá lugar no ALBERGUE AS PEDREIRAS, o MENÚ DEGUSTACIÓN, cociñado por TITO GONZÁLEZ, e composto por:

Empanada de BOLETUS E NÍSCALOS
Pastel de BOLETUS e NÍSCALOS con mahonesa de setas aromatizada con aceite de trufa branca
Arroz de Níscalos e Boletus
Roscón de Vilalba
Viño tinto Finca Moreiras
Viño branco Viña Costeira
Auga, Cervexas, Café

O prezo que haberá que pagar será de 30€ por persoa.

As/os interesadas/os en participar deberán inscribirse previamente enviando un correo a estudoschairegos@gmail.com, con prazo máximo ata o venres 13 de novembro.

O número de prazas estipulado é de 25, e na medida en que haxa máis inscritos que prazas, tomarase como referencia o rigoroso orde de recepción dos correos, ata chegar a eses 25.

Nota.- Cada participante levará unha cesta e un coitelo ou navalla. Ao final, quen queira poderá levar para a súa casa as setas que recolla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad