INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE JESÚS TRASTOY “LÁMINAS DO QUIXOTE” – ATA O 30 DE NOVEMBRO NO AUDITORIO (VÍDEO)

Na noite deste xoves, o Instituto de Estudos Chairegos levou a cabo, no Auditorio Municipal de Vilalba, a inauguración da EXPOSICIÓN “LÁMINAS DO QUIXOTE” de JESÚS TRASTOY, que poderá ser visitada ata o 30 de novembro.

A mostra está formada por 108 láminas (ilustracións da novela de Cervantes) que Jesús Trastoy debuxou a bolígrafo nun minucioso, paciente e encomiable traballo.

Todas as persoas que asistiron á inauguración destacaron, unha vez contempladas as láminas, o magnífico e brillante traballo realizado por Jesús Trastoy, a calidade do mesmo así como a importancia da técnica empregada.

Dende o IESCHA, só nos queda agradecer a todas esas persoas a asitencia ao acto, e a Jesús Trastoy desexarlle todo o mellor e que siga disfrutando por moitos anos de toda a súa actividade cultural, que é moita e moi boa.

Parabéns, Suso!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad