A Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz acolle dende hoxe venres 28 de abril e grazas a inciativa do Instituto de Estudos Chairegos – Iescha –, a exposición ‘Láminas do Quixote’, unha mostra formada por 108 láminas (ilustracións da novela de Cervantes) que Jesús Trastoy debuxou a bolígrafo nun minucioso, paciente e encomiable traballo.
Pódese visitar na Casa Habanera de Guitiriz ata o 15 de maio de 2023, no seguinte horario:
Mañás: Luns a venres de 10:00 a 14:00 h.
Tardes: Luns a xoves, de 16:00 a 18:30 h.
Se un grupo que concertar visitas pode facelo a través do correo electrónico: biblioteca@concellodeguitiriz.com.