MANUEL RIVAS GAÑA O PREMIO NACIONAL DAS LETRAS 2024. O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS TRANSMÍTELLE OS PARABÉNS

Desde o Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, queremos expresar a nosa máis sincera noraboa ao escritor galego MANUEL RIVAS, Premio Nacional das Letras 2024, un recoñecemento ben merecido á súa excepcional traxectoria literaria.

Segundo recolle no seu ditame, o xurado destacou do autor non só a calidade narrativa que mestura forza emocional con beleza formal, senón tamén a coherencia e versatilidade que definiron o seu percorrido como escritor.

O galardón pon de relevo, ademais, o seu compromiso coa memoria histórica e a responsabilidade social, e, sobre todo, co noso idioma, o galego, que a través da súa pluma atopa unha voz que viaxa máis aló das nosas fronteiras.

Este premio enorgullécenos a todos os que compartimos o amor pola lingua galega e pola literatura. Parabéns, Manuel Rivas, por seguir demostrando que o galego é vehículo de arte, de memoria e de resistencia.

A XUNTA DIRECTIVA DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad