MIGUEL ALONSO DIZ É O GAÑADOR DO X PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE SEGUNDO O DITAME DO XURADO EMITIDO O SÁBADO DÍA 24 DE OUTUBRO DE 2026

MIGUEL ALONSO DIZ é o gañador do X Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE. O ditame do Xurado foi dado a coñecer onte sábado 24 de outubro e 2026 na GALA DE ENTREGA DO IX PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ a FRAN FERNÁNDEZ DAVILA, gañador na edición do ano pasado.

O libro gañador deste X PREMIO foi presentado por MIGUEL ALONSO DIZ co título: O DERRADEIRO XOGO DO AVÓ.

“O Xurado acordou por unanimidade salientar esta novela infantil a cal homenaxea a figura de Agustín Fernández Paz, cunha trama baseada nun xogo dos títulos dos libros de Agustín, de Xosé Neira Vilas e doutros autores da literatura galega.”

Miguel Anxo Alonso Diz (Madrid, 1976). Licenciado en Economía, compatibiliza o exercicio da docencia coa súa actividade literaria e con diversas colaboracións en Radio Allariz e en varios blogs. Ten participado en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal, así como na meirande parte dos festivais de poesía que se organizan en Galicia. Destaca o seu labor como contacontos, así como as súas colaboracións cos servizos de dinamización lingüística de diversos concellos e centros educativos, tanto como contador de historias como impartindo obradoiros de poesía e de escrita.

No ano 2012 deuse a coñecer no eido da literatura infantil e xuvenil xunto á ilustradora Luz Beloso coa obra «O cullarapo Croque». Outros títulos seus son «A nena á que non deixaban ser feliz»; «O soño de Esther»; «O valente coello que quixo soñar», «Mel, unha mosca agradecida» ou «O país da choiva».

En 2017 obtivo o Premio Paraugas do Clúster de Comunicación de Galicia ao libro infantil do ano xunto a Xosé Tomás. En Xerais ten publicadas as novelas infantís «Música no faiado» (2018), «Instrucións para ler este libro» (2022), «Axencia Galega de Asuntos Máxicos» (2024) e «De príncipes, princesas e outras andrómenas» (2025). (Ed. Xerais)

https://gl.wikipedia.org/wiki/Miguel_Ángel_Alonso_Diz

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad