
Este pasado sábado 23 de marzo, o Instituto de Estudos Chairegos foi invitado pola Academia Galega do Audivisual (con quen estamos colaborando dende hai varios anos) a presenciar en directo a Gala da XXII edición dos Premios Mestre Mateo.
Foi no Coliseo coruñés, acollendo a máis de 2.000 persoas, onde se desenvolveu esta Gala, con claras mensaxes reivindicativas a favor da lingua, a favor da muller, do rexeitamento ao acoso sexual, de apoio ao cese da masacre contra Palestina, en defensa dos dereitos dos diferentes colectivos, en defensa pola liberdade de expresión e comunicación dos medios da TV.
Os diferentes discursos que se foron producindo estiveron cargados de compromiso e alzaron a voz contra a intolerancia, a censura e a retirada do apoio económico, facendo especial énfase na defensa do sector cultural e nos postos de traballo que xera esta industria (actores ,actrices, guionistas, productores, técnicos, cámaras… vestiario, maquillaxe, perruquería, dobraxe, etc.)
E logo, claro, as premiadas e os premiados. Esta é a relación:
- Mellor Actor de Reparto: Santi Prego, polo filme Matria.
- Mellor Maquillaxe e Perruquería: Bárbara Brouke, Lorena Calvo e Silvia Neira, por O corno.
- Mellor Música Orixinal: Xavi Font, por Rapa.
- Mellor Anuncio Publicitario: Recados Carmen, por Chama a miña neta.
- Mellor Vestiario: Uxía Vaello, por O corno.
- Mellor Serie Web: A arte de ser (mal) pai.
- Mellor Curta de Animación: To bird or not to bird, de Abano Prod. e Uniko Estudio Creativo.
- Mellor Realización: Alba Prol, Raúl García e Jairo Iglesias, por O Gran Camiño
- Mellor Interpretación Feminina de Reparto: Susana Sampedro, por Matria.
- Mellor Guión: Jaione Camborda, por O Corno.
- Mellor Montaxe: Gaspar Broullón, Julia Juanatey e Lucía Iglesias, por Rapa.
- Mellor Dirección de Produción: Nati Juncal, por Matria.
- Mellor Comunicador/a: Lucía Veiga, por Malicia Noticias.
- Premio de Honra Fernando Rey: Eva Veiga.
- Mellor Dirección de Fotografía: Lucía C. Pan, por Matria.
- Mellor Son: Sergio Silva e David Machado, por O Corno.
- Mellor Videoclip: Oliveira dos cen anos, de C. Tangana, himno do centenario do RC Celta de Vigo
- Mellor Interpretación Masculina Protagonista: Tamar Novas, por Salta!
- Mellor Curtametraxe; O coidado, de Miguel Canalejo.
- Mellor Dirección de Arte: Melania Freire, por O Corno.
- Mellor Dirección: Jaione Camborda, por O Corno.
- Mellor Interpretación Feminina Protagonista: María Vázquez, por Matria.
- Mellor Documental: Os espazos en branco, de Bruno Arias.
- Mellor Programa de Televisión: Cos pés na terra
- Mellor Serie de Televisión: Rapa
- Mellor Longametraxe: O Corno.
Parabéns a todas e todos!!!








VIDEO RESUME DO EVENTO: https://www.facebook.com/watch?v=349494714738766