O venres 2 de xuño de 2023, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, oInstituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza unha nova actividade cinematográfica coa proxección do documental A CIDADE DA SELVA, FUXIDOS E GUERRILLEIROS NOS MONTES DE CASAIO, do director MIGUEL RIAÑO ROA, que estará presente no acto para coloquio.
Reserva de entrada (gratuíta) na páxina https://entradasvilalba.es e,. Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.
SINOPSE
Ciudad de la Selva conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio. Nestes montes exponse unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais, mentres son perseguidos polas forzas da Garda Civil. En Ciudad de la Selva exponse, a través dunha análise historiográfica, arqueolóxica e testemuños de prota-gonistas dos feitos, o estudo das causas que levaron a crear este enclave de resistencia, de igual modo que os medios dos que se valían para subsistir, como afectaban os seus actos aos civís da localidade ou o papel da muller dentro da guerrilla.
FICHA TÉCNICA
• Título: Ciudad de la Selva; Fuxidos e Guerrilleiros nos montes de Casaio
• Ano: 2022
• País: España
• Xénero: Documental | Posguerra Española
• Duración: 67 minutos
• Formato da metraxe: 2:35:1
• Idioma/s: Español e galego, con subtituloción en galego, español e inglés.
• Produtora: Metropolis.coop
• Produción Executiva: Carlos Tejerizo
• Dirección: Miguel Riaño Roa
• Produción: Miguel Riaño Roa
• Guión: Ángel Holgado
• Banda Sonora: Isabel Fernández Reviriego